Didáctica da Matemática
Á Area de Didáctica da Matemática da USC ten como obxectivos principais a formación do profesorado, a avaliación do coñecemento en diferentes niveis educativos; e o deseño, implementación e análise de prácticas docentes. As liñas de investigación que segue este área concrétanse nas seguintes:
- Dúas liñas tradicionais:
- Liña A: Coñecemento e desenvolvemento profesional do profesor de matemáticas
- Liña B: Visualización e razoamento espacial
- Tres liñas emerxentes:
- Liña C. Modelización e competencia matemática en áreas STEAM (Science, Technology, Engineering, Art, Mathematics).
- Liña D. Boas prácticas matemáticas na Educación Infantil.
- Liña E. Estímulo Matemático para unha Educación Inclusiva.
Os membros da Área participan activamente en redes como a Sociedad Española de Investigación en Educación Matemática (SEIEM), e asociacións profesionais como a Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) ou a de Ensinantes de Ciencias de Galicia (ENCIGA). Á area conforma o grupo de Inovación Docente da USC chamado Tesela de innovación en Educación Matemática (GIDEM- TESELA). Varios dos profesores da área pertencen ao cadro docente de ESTALMAT-Galicia, proxecto para o Estímulo do Talento Matemático. Recentemente está colaborando coa asociación IGAXES3 (Instituto Galego de Xestión para o Terceiro Sector) na ensinanza e aprendizaxe das matemáticas con alumnos en risco de exclusión.