Exposición do herbario de Rosalía de Castro

O vindeiro sábado, o 19 de febreiro de 2022, a profesora María López Sández, inaugura no Real Xardín Botánico de Madrid a exposición do herbario Rosalía de Castro, ” Nasín cando as prantas nasen”, que fixo xunto coa profesora María Isabel Fraga Vila.

Proxecto Educativo: Proposta curricular de ensinos mínimos de Bioloxía e Xeoloxía

A profesora Blanca Puig colabora coa editorial SM, como parte do grupo de especialistas sobre o Novo currículo, novos desafíos educativos, que coordinan os expertos César Coll, Elena Martín e Álvaro Marchesi. Colabora apoiando ao profesorado de bioloxía no desenvolvemento curricular, tendo en conta o novo modelo curricular. A súa Proposta Curricular de ensinos mínimos … Ler máis

Ideas para un plurilingüismo

A RAG acaba de publicar a guía Ideas para un plurilingüismo dende o galego no concello de ames. A profesora María López Sández participou na elaboración desta guía.