A TOPONIMIA: RECURSO FUNDAMENTAL PARA A EDUCACIÓN PATRIMONIAL

A TOPONIMIA: RECURSO FUNDAMENTAL PARA A EDUCACIÓN PATRIMONIAL

A RAG, en colaboración coa Asociación Galega de Onomástica (AGOn) difunde estudos sobre a Toponimia de Galicia na súa colección Terra Nomeada, un recurso fundamental para o profesorado comprometido coa educación patrimonial.

A Real Academia Galega presentou os catro novos números cos que continúa a serie que foi inaugurada co dedicado por Luz Méndez a Agolada (Pontevedra). Paulo Martínez Lema céntrase en Begonte e Rábade; Fernando Cabeza Quiles o dedicado á Estrada (Pontevedra) e Xosé Ramón López Boullón, o de Ames (A Coruña); estando en proxecto novos números centrados nos topónimos de Carballo, Tordoia, O Riós, A Pontenova e Ribadeo.

Xulia Marqués Valea, colaboradora do Grupo de Investigación RODA,  asina o volume centrado en Trabada Toponimia de Trabada  co estudo de máis de 130 topónimos de núcleos habitados deste municipio lugués.

Máis información en: https://academia.gal/inicio/-/asset_publisher/m2gF/content/terra-nomeada-afonda-en-catro-novos-volumes-en-mais-dun-milleiro-de-toponimos