“Bótame un capio” a app do vocabulario tradicional de Vedra

“Bótame un capio” a app do vocabulario tradicional de Vedra

PRESENTACIÓN da app "Bótame un capio"

Esta ferramenta colaborativa nace coa finalidade de recuperar parte dun vocabulario tradicional de Vedra e da comarca da Ulla que non forma parte dos dicionarios ou que presenta acepcións distintas ás que estes inclúen.
"Bótame un capio" é unha expresión que os vedreses utilizaban cando demandaban axuda e que fixemos nosa para denominar esta app. Con ela queremos solicitar a colaboración do noso alumnado e a de toda a comunidade educativa e a veciñanza nun labor que consideramos tan urxente como necesario, o de recuperación dun léxico parcialmente esquecido e relacionado coa nosa cultura tradicional.
Do deseño e realización da app encargouse un pai, José Mejuto, e da parte lingüística a profesora Xulia Marqués, colaboradora do G.I. RODA e coordinadora do proxecto Vedra medra, no que pasará a integrarse.

Podes descargala indo a:
https://play.google.com/store/apps/details?id=org.consultem.app.capio