Celebración do día Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Para conmemorar a celebración do “Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia”, a área de Didáctica da Matemática organiza unha conferencia o xoves día 9 de febreiro ás 16:00 h. no salón de actos da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo que será impartida por Victoria Otero Espinar, Decana da Facultade de Matemáticas da USC. Na súa conferencia tratará de achegar as matemáticas ao público asistente co obxectivo de que mulleres e homes lle perdan o medo ao estudo das ciencias e tomen conciencia da súa gran utilidade así como a relevancia da participación das mulleres no mundo da ciencia.