Coidando do patrimonio dende o programa Patrimonializarte

Coidando do patrimonio dende o programa Patrimonializarte

O pasado venres 31 de maio, o alumnado de 6º de infantil B e de 2º B do colexio Bergantiños de Carballo realizou unha saída para coñecer in situ o patrimonio da súa localidade. O destino foi Aldemunde, a parroquia menos habitada e máis pequena de Carballo, pero cun gran legado histórico. Alí visitaron un muíño de auga, o Castro de Aldemunde e o dolmen da Pedra Moura. Esta actividade enmárcase dentro do programa “Patrimonializarte”, deseñado e coordinado por Leticia Castro Calviño, membro do grupo RODA. Logo dunha investigación na aula sobre eses bens e sobre o seu estado de conservación, realizaron unha acción reivindicativa no lugar de Aldemunde, colocando unha “bufanda” xigante e un termómetro ao dolmen, pois viron que “está maliño” e hai que coidalo. O programa achégase ao patrimonio da localidade, concienciando ás nenas e nenos sobre a importancia da acción e conservación nos bens patrimoniais.