Monográfico EDUCACIÓN E PATRIMONIO

Revista Electrónica Interuniversitaria de Formación del Profesorado

Vol. 22 Núm. 1 (2019): Patrimonio y Educación

Alex Ibañez-Etxeberria, Olaia Fontal e Ramón López Facal

A investigación en Educación Patrimonial é unha liña de investigación en proceso de forte consolidación. Un estudo de 2017 (Fontal e Ibáñez-Etxeberria), daba por superada a fase de emerxencia do tópic, e constataba o crecemento da mesma nos últimos 20 anos, a través da análise de indicadores de alto impacto tales como a defensa de tesis doutorais, a obtención de proxectos de I+D+i ministeriais (MICINN, MINECO) e a publicación de artigos en revistas en bases de datos relevantes e con índice de impacto relativo (WOS e Scopus). Tamén confirmaba a situación de liderazgo a nivel mundial da investigación española dentro do tópic Educación Patrimonial-Educaçao Patrimonial-Heritage Education, dentro dunha rede de intercambios en expansión.

Neste sentido, este monográfico, supón un paso máis na divulgación e internacionalización da investigación no binomio educación e patrimonio. Para iso contouse con equipos de investigación de 9 universidades e 5 países (España, Israel, Mexico, Polonia e Portugal), cuxo traballo debe axudar a xerar unha nova ola expansiva desta área de investigación no mundo académico.

A temática deste número monográfico, sempre relacionada coa educación e en especial a formación do profesorado, é variada, e vai dende a análise lexislativa, curricular ou bibliométrica, e as experiencias de aula, dixitais ou en entornos naturais, ata a presentación de ferramentas de investigación. O ámbito tamén é variado, dende o marco europeo ao traballo no entorno local, e presenta novidades significativas como é a abordaxe da xeomorfoloxía dende un punto de vista patrimonial ou a alfabetización visual-espacial.

Información recollida de:  https://revistas.um.es/reifop/issue/view/16941  Pincha para ver máis.