O PENSAMENTO CRÍTICO EN EDUCACIÓN SUPERIOR. O PROXECTO CRITHINKEDU

O PENSAMENTO CRÍTICO EN EDUCACIÓN SUPERIOR. O PROXECTO CRITHINKEDU

O PENSAMENTO CRÍTICO EN EDUCACIÓN SUPERIOR. O PROXECTO CRITHINKEDU

25 de abril, de 17 a 19 horas, Sala de Xuntas da Facultade de Ciencias da Educación, Campus Norte

Web do PROXECTO: http://crithinkedu.utad.pt/en/crithinkedu/

Blanca Puig e Paloma Blanco Anaya, membros do G.I. RODA, organizan a actividade O pensamento crítico en Educación Superior. O proxecto Crithinkedu, que ten coma obxectivo presentar o proxecto Europeo Erasmus + "Critical Thinking Across the European Higher Education Curricula” (CRITHINKEDU) sobre ensinanza de Pensamento Crítico en Educación Superior e difundir parte dos resultados do proxecto do equipo USC  relativos á ensinanza de pensamento crítico.

Utilizarase unha metodoloxía participativa involucrando aos participantes nun grupo de discusión sobre o pensamento crítico e formas de promovelo na aula. A actividade estructúrase en tres partes:

1) Presentación do proxecto CRITHINKEDU

2) Grupo de discusión sobre Pensamento Crítico

3) Presentación de resultados de investigacións realizadas no marco do proxecto e discusión sobre as súas posibles aplicacións a outros ámbitos de ensino

INSCRICIÓN: ABERTA ao alumnado do Programa de Doutoramento en Educación e profesorado interesado en introducir e fomentar o pensamento crítico nas aulas.

A asistencia á actividade será rexistrada mediante folla de sinaturas.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies