Patrimonializarte

Patrimonializarte

O programa Patrimonializarte, deseñado pola compañeira Leticia Castro Calviño, membro do Grupo RODA, estase levando a cabo en colaboración con dous centros educativos, o CPI Pecalama (Tordoia, A Coruña) e o CEIP Bergantiños (Carballo, A Coruña) durante o curso 2018-2019.

A súa primeira fase, xa rematada, dou pe a que o alumnado do CEIP Bergantiños organizase unha exposición aberta na que presentou o seu traballo sobre o patrimonio local, que parte da investigación de fotografías antigas que mostran o paso do tempo en diferentes espazos, na escola ou nos oficios tradicionais da súa vila. Esta primeira fase tivo como obxectivo achegar o alumnado ao seu entorno próximo e contribuír ao desenvolvemento da sensibilización e identificación co patrimonio local.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/carballo/2019/04/06/patrimonio-memoria-colegio-bergantinos-carballes/0003_201904C6C10994.htm