Proxecto escolar sobre cine no Master de Secundaria

Hoxe, no Master de Secundaria, na materia A/E de Historia e Ciencias Sociais, contaremos coa visita de Lucía Muñoz, profesora no CPI de San Vicente (A Baña), para presentar o proxecto escolar “En versión orixinal” premiado por Barrié da Maza e desenvolvido nas distintas etapas educativas, desde infantil ata secundaria.

A charla celebrarase de 19:00-20:30 hs, na aula 51 da Facultade de Educación (Campus Norte).

Páxina web CPI de San Vicente (A Baña), aquí.

Páxina web En versión orixinal, aquí.