Seminario Historiografía e Guerra Civil: a emerxencia do paradigma post-represión

Seminario Historiografía e Guerra Civil: a emerxencia do paradigma post-represión

Este xoves 19 de xaneiro ás 17:00 hs celebrarase na Sala de Xuntas da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte) o seminario "Historiografía e Guerra Civil: a emerxencia do paradigma post-represión", con motivo do 80 aniversario da Guerra Civil e do 40 aniversario da Transición. Contarase coa aportación e o traballo de Antonio Míguez Macho, historiador e profesor no Departamento de Historia Contemporánea da Facultade de Historia da USC, membro do grupo Histagra, que promove esta actividade xunto a profesorado de secundaria vinculado ao grupo RODA e interesado na temática. O seminario abre as súas portas ao profesorado de secundaria e a todas aquelas persoas interesadas na temática. A entrada será de balde.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies