Seminario: Tratamento de datos e pautas de difusión de resultados na área de Didáctica das Ciencias Sociais

Seminario: Tratamento de datos e pautas de difusión de resultados na área de Didáctica das Ciencias Sociais

Tratamento de datos e pautas de difusión de resultados na área de Didáctica das Ciencias Sociais

(Seminario de formación en metodoloxía da investigación do GI RODA, área de Didáctica das Ciencias Sociais. Red14)

Impartido por Cosme Gómez Carrrasco (Universidade de Murcia) e Jairo Rodríguez Medina (Universidade de Valladolid)

Lugar: Facultade de C. da Educación, Campus Norte: Aula 14

Mércores 22 de xaneiro

 16:00h. Claves para a fundamentación teórica: a revisión sistemática da literatura.

Nesta sesión analizaranse algunhas técnicas e instrumentos que permiten facer unha revisión sistemática da literatura: exploración e localización de publicacións relevantes en bases de datos internacionales, análise disa literatura, deseño das preguntas de investigación e obxectivos, etc.

Xoves 23 de xaneiro 

9:00h. Análise cuantitativa de datos na área de Didáctica das Ciencias Sociais

Nesta sesión revisaranse técnicas e instrumentos para realizar análises cuantitativas de datos na área de Didáctica das Ciencias Sociais. En primer lugar, revisaranse publicacións en números actuais de revistas da área de ciencias da educación e didáctica das ciencias sociais para comprobar que técnicas e instrumentos se están utilizando. En segundo lugar, revisaranse as técnicas básicas de análise cuantitativa, especialmente de cuestionarios: fiabilidade, validez, descriptivos, inferencial e análise factorial.

16:00h. Análise cualitativa de datos e técnicas de metodoloxía observacional.

Nesta sesión revisaranse técnicas e instrumentos para realizar análises cualitativas de datos na área de Didáctica das Ciencias Sociais e levar a cabo análises relacionadas con metodoloxía observacional. En primeiro lugar, revisaranse publicacións en números actuais de revistas da área de ciencias da educación e didáctica das ciencias sociais para comprobar que técnicas e instrumentos se están utilizando. En segundo lugar, revisaranse as técnicas básicas de análise cualitativa: análise de contidos e de redes.

 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies