Un artigo das compañeiras do GI-RODA María Pilar Jiménez Aleixandre e Sabela F. Monteira foi recoñecido co Research Worth Reading Award polas asociacións estadounidenses NSTA e NARST

O artigo ‘The practice of using evidence in Kindergarten: The role of purposeful observation’” (Journal of Research in Science Teaching, 2016) das investigadoras da USC Sabela F. Monteira e María Pilar Jiménez Aleixandre foi escollido estes días como un dos catro máis relevantes para o profesorado de entre os publicados nas revistas de didáctica de ciencias en Estados Unidos en 2016. Trátase dun traballo pioneiro sobre como o alumnado de infantil pode xerar e utilizar probas empíricas para comprobar ou revisar ideas científicas. O traballo realizouse en colaboración co grupo de mestras de Educación Infantil Torque, que conta cunha longa traxectoria no traballo por proxectos.

 

Máis información:

http://www.gciencia.com/ciencia/artigo-usc-didactica-de-ciencias/

http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2017_05/noticia_0031.html

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies