VEDRA MEDRA

VEDRA MEDRA

REUNIÓN CON XULIA MARQUÉS, COORDINADORA DO PROXECTO VEDRA MEDRA

A pasada semana, membros do G.I. RODA reuníronse coa colaboradora do grupo, Xulia Marqués, coordinadora do proxecto Vedra Medra, para coñecer, máis polo miúdo, este proxecto educativo que traballa co patrimonio local.

 

 

 

 

 

 

O CPI de Vedra acaba de gañar o Premio Proxecta de Innovación Educativa 2018 convocado pola Consellería de Educación entre os centros docentes públicos que foron admitidos no Plan Proxecta durante o curso escolar 2017/18.

"De redes e afectos ou como converter nun activo para a dinamización o patrimonio local contextualizado. Os proxectos do CPI de Vedra: superando límites, integrando partes" é o título do traballo presentado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega galardoado nesta ocasión.

Trátase do terceiro recoñecemento que acadan despois de ter recibido o Premio didáctico Antón Fraguas promovido desde o Museo do Pobo Galego e o Premio a proxectos de innovación en dinamización lingüística que convoca a Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Poden consultar máis información sobre Vedra Medra no seu Facebook:

https://www.facebook.com/vedramedra/?fref=ts

 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies