Xornada sobre educación e patrimonio: un diálogo interdisciplinar

Xornada sobre educación e patrimonio: un diálogo interdisciplinar

O próximo venres 12 de maio, ás 16:00 horas, terá lugar a Xornada sobre educación e patrimonio: un diálogo interdisciplinar no Auditorio do Museo das Peregrinacións (Prza das Praterías, Santiago de Compostela).

A xornada forma parte do programa de actividades que desenvolve a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, no contexto do programa do Plan Proyecta "Mirando polo camiño". Este programa pretende fomentar o coñecemento e a sensibilización da comunidade educativa co patrimonio cultural mediante un contacto directo cos bens patrimoniais do seu contorno inmediato. A celebración desta xornada ofrece unha oportunidade para promover un intercambio de experiencias entre docentes e profesionales do ámbito do patrimonio e buscar novas formas de colaboración.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies