Recursos docentes

Didáctica das Ciencias Experimentais

Recursos docentes

Actividades para traballar o uso de probas e a argumentación en ciencias

Estes materiais pretenden fornecer recursos para os profesores e profesoras de ciencias ensecundaria interesados en levar a cabo un ensino no que o alumnado teña un papel activo, enconverter as clases de ciencias en comunidades de aprendizaxe

Argumentación na aula: dúas unidades didácticas

Neste documento preséntanse dúas unidades didácticas: a da expresión dos xenes forma parte dos productos do Work Package 7 (WP7) de S-TEAM, qe as prácticas discursivas en ciencias.

Actividades para desenvolver o coñecemento epistémico implicado nas prácticas científicas na educación secundaria

Design Based Pedagogy Book

O capítulo 4 deste libro presenta algunhas claves para deseñar tarefas STEM nas que se integre o pensamento crítico. O profesorado interesado en promover o pensamento crítico nas súas aulas mediante actividades STEM, pode acceder neste capítulo a deseños STEM dirixidos ao desenvolvemento de prototipos/artefactos por parte do alumnado.

Material didáctico para a abordaxe de controversias de saúde

Móstrase unha proposta didáctica sobre as vacinas da COVID-19 e a controversia que xeran, que inclúe materiais didácticos deseñados para a abordaxe de controversias de saúde na aula de secundaria. Estes recursos foron creados para facilitar o ensino de Bioloxía e Xeoloxía en secundaria de acordo ao novo modelo de currículo. 

Material didáctico para a abordaxe do medio mariño

Móstrase unha proposta didáctica sobre a vida mariña , que inclúe seis actividades para coñecer e protexer o mar . Estes recursos foron creados para traballar a abordaxe de problemas sistémicos relativos ao medio mariño no ensino secundario.

Bioloxía e Geoloxía na LOMLOE

Móstrase unha análise e reflexión achega do novo modelo de currículo de Bioloxía e Xeoloxía de Secundaria.

Ensino de Bioloxía e Xeoloxía nos currículos das Comunidades Autónomas

Este documento trata de responder á pregunta ¿Cómo se presenta la enseñanza de Biología y Geología en los currículos de las Comunidades Autónomas?. Discútense algunhas ideas acerca de como se articulan os elementos básicos dos currículos autonómicos e en que medida posibilitan un enfoque de ensino da materia de Bioloxía e Xeoloxía que capacite ao alumnado no desenvolvemento de pensamento científico para o exercicio dunha cidadanía crítica e activa en resposta aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) 2030.

Tabú de vidas mariñas

Tratáse do xogo TABÚ con especies mariñas que podemos encontrar nas nosas costas.

Pensar científicamente

Este libro reúne unha serie de propostas didácticas con recursos innovadores e actividades orixinais sobre problemáticas sociocientíficas para promover o razoamento científico e o pensamento sistémico na aula de ciencias. O seu obxectivo é contribuír á mellora do ensino e aprendizaxe de ciencias en contextos relacionados coa saúde planetaria que requiren de medidas colectivas e institucionais urxentes, así como do noso compromiso individual e acción crítica.

Didáctica das Ciencias Sociais

Recursos docentes

Didáctica da Lingua e da Literatura

Recursos docentes

Ideas para un plurilingüismo dende o galego no concello de Ames

Avaliación da competencia bilingüe nos idiomas galego e castelán do alumnado de 4º da ESO

AX(e)ITAR A LINGUA: Orientacións para unha comunicación inclusiva no ensino.

Didáctica das Ciencias Matemáticas

Recursos docentes