Graduado en Mestre de Educación Primaria con Mención en Atención a Diversidade pola Universidade de Santiago de Compostela (2014), comezo a investigar coa realización do meu traballo fin de grado en educación matemática para a Educación Primaria. Así a realización deste traballo xunto con outras pequenas colaboracións e experiencias realizadas coa Área de Didáctica da Matemática son recollidas en diversas comunicacións en Congresos de ámbito nacional así como en dúas publicacións.

A miña formación complementase coa realización do Máster de Investigación en Educación, diversidade cultural e desenvolvemento comunitario da USC (2016) e coa realización de diversos cursos centrados na formación do profesorado e na atención ao alumnado con necesidades especificas de apoio educativo. Do mesmo xeito desenvolvo a miña actividade profesional como Mestre de Pedagoxía Terapéutica para a Consellería de Educación como interino de substitución.

Na actualidade comezo os meus estudos no Programa de Doutoramento en Educación realizando unha tese ligada a ensinanza-aprendizaxe das matemáticas nunha educación inclusiva a través do deseño de boas prácticas docentes na intervención con rapaces e rapazas en risco de exclusión social coa intervención da metodoloxía ApS (Aprendizaxe-Servizo).