Blanca Puig é licenciada en Bioloxía e doutora en Didáctica das Ciencias pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Autora dunha tese con Premio Extraordinario e Mención Europea sobre argumentación e uso de probas na aprendizaxe de xenética en secundaria. Profesora no departamento de Didácticas Aplicadas desde 2012 e secretaria do departamento desde octubro 2016.

Investigadora en diversos proxectos nacionais e europeos FP7. Autora de publicacións científicas sobre prácticas científicas na ensinanza e aprendizaxe de cuestións socio-científicas e de saúde.

Na actualidade é investigadora principal dun proxecto sobre prácticas científicas do Plan Nacional e responsable dun proxecto Erasmus + sobre Pensamento Crítico na educación superior.