Montse Pena Presas é doutora en Filoloxía e licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago e Máster en Edición pola Universidade de Salamanca. Foi lectora de galego na Universidade de Bangor (gales) e dende 2012 imparte docencia na área de didáctica da lingua e da literatura na USC, actividade que compaxina coa crítica literaria. Os seus intereses investigadores céntranse en cuestións vencelladas á literatura galega contemporánea, a literatura infantil, os estudos de xénero e a educación literaria.