Paloma Blanco Anaya é Licenciada en Bioloxía e Doutora en Didáctica das Ciencias Experimentais (2015) pola USC. Actualmente é profesora na Facultade de Formación do Profesorado da USC en Lugo. Participa en proxectos de investigación tanto europeos como CRITHINKEDU (Erasmus +), como nacionais “Prácticas científicas en la enseñanza y aprendizaje de las ciencias, dimensiones en la transferencia y en el desempeño”. Da súa tese de doutoramento “Modelización y argumentación en actividades prácticas de geología en secundaria” xurden os seus principais artigos de investigación vinculados ao desempeño das prácticas científicas no alumnado de secundaria, asimismo elaborou traballos de investigación no ámbito do pensamento crítico dos estudantes ante cuestións ambientais.