Estudei Química en University of Glasgow, Escocia (Bach. Sc. Hons. - Chemistry) e Universidade de Santigao de Compostela, España (Licenciatura en Química). A miña primeira relación coa investigación educativa foi durante o Máster de Formación do Profesorado (USC).

Desde 2013 traballo no seo do grupo RODA, Departamento de Didácticas Aplicadas, na Área de Ciencias Experimentais, como investigadora en Formación, onde fago a miña tese, coa Prof. M. P. Jiménez Aleixandre. A nosa investigación examina como nenos e nenas de educación infantil se implican en prácticas científicas. Para elo, temos a sorte de contar coa colaboración das mestras de educaición infantil do grupo TORQUE, que nos abren a porta das súas aulas, nas que traballan en proxectos de ciencia de longa duración.