Vanessa Sesto (Vila de Cruces, 1989) é titulada en Enxeñaría Química. Foi bolseira de colaboración no Departamento de Didácticas Aplicadas da Universidade de Santiago de Compostela durante o curso 2015-16, mentres se atopaba cursando o Máster Universitario en Profesorado. Actualmente está desenvolvendo a súa tese de doutoramento na área de Didáctica das Ciencias Experimentais sobre como os estudantes interpretan a materia e as súas transformacións.