Alexandre Luis Vázquez-Rodríguez (Santiago de Compostela, 1988) licenciouse en Xeografía en 2012 na Universidade de Santiago de Compostela. No 2013 rematou o Máster en Recursos minerais e Riscos xeolóxicos na Universitat de Barcelona. Na actualidade escribe a súa tese de doutoramento sobre Riscos Naturais no Noroeste da Península Ibérica, facendo especial énfase en inundacións, incendios forestais e emisións de gas radon, da cal derivaron varias publicacións e ponencias en congresos, xunto algunhas máis en proxecto de publicarse.