Virginia Aznar Cuadrado é mestra e licenciada en Ciencias Biolóxicas e desenvolveu o seu labor docente e investigador na Universidade de Vigo e na Universidade de Santiago de Compostela. Nesta última é profesora na Área de Didáctica das Ciencias Experimentais. As súas liñas de investigación están ralacionadas co desenvolvemento das prácticas científicas en diferentes niveis educativos.